Contido web
Funcións atribuidas por lei ao ente público Portos de Galicia
Son funcións do ente público Portos de Galicia as que determina o artigo 3 da Lei de creación e, en particular, as seguintes:
a) A organización, xestión e administración dos portos e as súas zonas de servicio.
b) A planificación, proxección, execución e conservación das súas obras e instalacións.
c) A ordenación das zonas de servicio e dos seus usos.
d) A planificación, establecemento, dirección e administración dos servicios portuarios, e a prestación destes a través das formas de xestión máis convenientes para o interese público.
e) A policía dos portos.
f) En xeral, tódalas necesarias para facilitalo tránsito martimo portuario e conseguila rendibilidade e productividade da explotación dos portos.
Asimesmo, Portos de Galicia exercerá, verbo dos portos de competencia da Comunidade Autónoma, as funcións que o artigo 18 da Lei de portos do Estado e da marina mercante atribúe ás autoridades portuarias.
Competencias do ente público Portos de Galicia
Corresponde a Portos de Galicia o proxecto, construción, conservación, mellora, ordenación, administración e explotación das obras, instalacións, servizos e actividades portuarias, así como a planificación das zonas de servizos e as súas futuras ampliacións. Isto tradúcese no seguinte ámbito de competencias:
- Xestionar a explotación das instalacións portuarias e dos demais bens adscritos ao seu patrimonio.
- Fomento da actividade económica no ámbito dos portos que dependen da Comunidade Autónoma, e das súas actividades industriais ou comerciais relacionadas conel tráfico portuario.
- Fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico en explotación e construción portuaria.
- Realizar cantas operacións comerciais e industriais considere conveniente, con iniciativa pública ou privada.
- Xestionar as obras, instalacións e servizos
Máis información:
Lei 5/1994,do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia