Contido web
Solicitudes para realizacion de espectáculos no dominio público
Procedemento IF500A: Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da comunidade autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Obxecto:
Axudas no exercicio 2021, en réxime de concorrencia non competitiva, ás empresas e entidades xestoras dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia que, como consecuencia da pandemia da COVID-19, estean nas seguintes condicións:
-
Que sufriron diminución nos ingresos pola imposibilidade de realizar actividades náuticas recreativas durante o estado de alarma decretado polo Goberno de España mediante o Real decreto 463/2020 e as súas sucesivas prórrogas, pero que se viron obrigados a manter a vixilancia e custodia das embarcacións atracadas nas súas instalacións.
-
Que na época estival posterior ao levantamento do estado de alarma sufriron unha redución significativa dos tránsitos que tradicionalmente atracaban nas instalacións.
Prazo de presentación:
Convocatoria aberta do 15/04/2021 ó 14/06/2021
Pode consultar a seguinte información relacionada co procedemento:
A tramitación deste procedemento pode ser iniciada por calquera persoa interesada dende a sede electrónica da Xunta de Galicia.
Esta ligación dalle acceso ó devandito contorno de tramitación