Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Proxecto de pantaláns para a frota mexiloeira no porto de Moaña
08/10/2014
Proxecto de pantaláns para a frota mexiloeira no porto de Moaña.
Concurso de la obra de mejora del abrigo de la darsena interior del puerto de Burela
07/08/2014
Concurso de la obra de mejora del abrigo de la darsena interior del puerto de Burela.
Concurso de la obra de la nueva pavimentación en la explanada del puerto comercial de Brens.
07/08/2014
Concurso de la obra de la nueva pavimentación en la explanada del puerto comercial de Brens.
Remodelación de las instalaciones náutico recreativas en el puerto de Baiona, Pontevedra
23/02/2014
Remodelación de las instalaciones náutico recreativas en el puerto de Baiona, Pontevedra
MEJORA DE ABRIGO DE LAS INSTALACIONES NÁUTICO-DEPORTIVAS DE PORTO DO SON
18/02/2014
Mejora de abrigo de las instalaciones náutico-deportivas de Porto do Son
ENCOMENDAS DE XESTIÓN PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS, FORMALIZADAS POLA ENTIDADE PÚBLICA PORTOS DE GALICIA DURANTE O EXERCIZO 2013
08/01/2014

PUBLICIDADE DAS ENCOMENDAS DE XESTIÓN PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS, FORMALIZADAS POLA ENTIDADE PÚBLICA PORTOS DE GALICIA DURANTE O EXERCIZO 2013

 En cumprimento do disposto no artigo 8.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (LOFAXGA), dáse publicidade á formalización das encomendas de xestión, tramitadas pola entidade pública Portos de Galicia durante o exercizo 2013, para a execución das seguintes obras

A) "FINALIZACIÓN DAS OBRAS DE EDIFICIO PARA ESTACIÓN MARÍTIMA EN BAIONA" (PONTEVEDRA)

1.  Entidade adxudicadora

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa e tramita o expediente: Área de Infraestruturas.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: "Finalización das obras de edificio para estación marítima en Baiona"

3. Valor estimado da encomenda:

181.982,17 euros, IVE excluído; Actuación financiada nun 65% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), programa MAC 4-30.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da Orde de execución: 19 de marzo de 2013

b) Entidade (medio propio da Xunta): SEAGA

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Tres (3) meses.

B) "ACCESO AO PORTO DE RAXÓ" (POIO-PONTEVEDRA)

1.  Entidade adxudicadora

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa e tramita o expediente: Área de Infraestruturas.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: "Acceso ao porto de Raxó"

3. Valor estimado da encomenda:

105.349,88 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da Orde de execución: 10 de xuño de 2013

b) Entidade (medio propio da Xunta): TRAGSA

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Catro (4) meses.

 C) "OBRAS DO LOCAL MULTIUSOS, ALMACEN E BASE TÉCNICO OPERATIVA NO EDIFICIO DA CONFRARÍA DE PESCADORES DO PORTO DE CELEIRO"

1.  Entidade adxudicadora

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: "Obras do local multiusos, almacén e base técnico operativa no edificio da confraría de pescadores no porto de Celeiro"

3. Valor estimado da encomenda:

123.913,34 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da Orde de execución: 28 de novembro de 2013

b) Entidade (medio propio da Xunta): TRAGSA

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Dous (2) meses.

D) "RECRECIDO DE RAMPLA NO PEIRAO PESQUEIRO DO PORTO DE PONTEDEUME" (A CORUÑA).

1.  Entidade adxudicadora

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: "Recrecido de rampla no peirao pesqueiro do porto de Pontedeume (A Coruña)"

3. Valor estimado da encomenda:

175.306,82 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da Orde de execución: 28 de novembro de 2013

b) Entidade (medio propio da Xunta): SEAGA

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Dous meses (2,5) e medio.

E) "MELLORA DE ACCESIBILIDADE E SEGURIDADE PEONIL DO ACCESO AO PORTO DE BELUSO"

1.  Entidade adxudicadora

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: "Mellora de accesibilidade e seguridade peonil do acceso ao porto de Beluso"

3. Valor estimado da encomenda:

349.907,81 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da Orde de execución: 17 de decembro de 2013

b) Entidade (medio propio da Xunta): TRAGSA

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Seis (6) meses.

F) "MELLORA DA SEGURIDADE PEONIL NO BORDE PORTUARIO DE VILAXOÁN"

1.  Entidade adxudicadora

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: "Mellora da seguridade peonil no bordo portuario de Vilaxoan"

3. Valor estimado da encomenda:

219.952,94 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da Orde de execución: 26 de decembro de 2013

b) Entidade (medio propio da Xunta): SEAGA

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Tres (3) meses.

 

 

LICITACIÓN OBRAS DE "MELLORA NO PORTO DO BARQUEIRO (MAÑÓN)" (A CORUÑA)
18/12/2013

LICITACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO E SISTEMA MULTICRITERIO, TRAMITACIÓN ORDINARIA, DAS OBRAS DE "MELLORA NO PORTO DO BARQUEIRO (MAÑÓN)" (A CORUÑA) , NON SUXEITAS A REGULACIÓN HARMONIZADA , COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER GALICIA 2007-2013 ).

 

CLAVE DO EXPEDIENTE : 6/2013/ Proyectos

 

Nesta web, os interesados teñen á súa disposición a documentación técnica (PROXECTO), do que forma parte, entre outros, o documento do Prego de Prescricións Técnicas

Por outra banda, a documentación administrativa (o Prego Tipo de Cláusulas Administrativas Particulares e o Cadro de Características do Contrato), así como a información e seguemento relativos á devandita licitación atópanse á disposición dos interesados no seguinte enderezo de internet: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19969

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS REMATA ÁS 14:00 HORAS DO VINDEIRO DÍA  21 DE XANEIRO DE 2014.

Proxecto DRAGAXE CANLE ACCESO PORTO FOZ (sen clave)
03/01/2013
Proxecto DRAGAXE CANLE ACCESO PORTO FOZ (sen clave)
PROXECTO CORRESPONDENTE Á LICITACIÓN DAS OBRAS DE "DRAGAXE DA CANLE DE ACCESO Ó PORTO DE FOZ" (LUGO)
03/01/2013

Documentación técnica (PROXECTO) correspondente á licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e EXPEDIENTE ANTICIPADO DE GASTO, das obras de " DRAGAXE DA CANLE DE ACCESO Ó PORTO DE FOZ" (LUGO), con clave LU-14-03-12-01

 

A documentación administrativa (o Prego Tipo de Cláusulas Administrativas Particulares e o Cadro de Características do Contrato), así como a información e seguemento relativos á devandita licitación atópanse á disposición dos interesados no seguinte enderezo de internet: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18307

 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS REMATA ÁS 14:00 HORAS DO VINDEIRO DÍA  30 DE XANEIRO DE 2013.

NOTA INFORMATIVA:

*16/01/2013:  Con data 16 de xaneiro de 2013 constátase a existencia dun erro no apartado 4 do CCC, xa que onde dícía: “Prazo de execución: nove (9) meses”, debía dicir: “PRAZO DE EXECUCIÓN: CINCO (5) MESES”.   Deixase constancia de que ese prazo de execución das obras (de 5 meses) si figuraba correctamente, tanto no anuncio de licitación das obras publicado no DOG do 4 de xaneiro de 2013 como no correspondente proxecto de execución das mesmas. 

Á vista do exposto, o 16 de xaneiro de 2012 procedeuse á corrección do devandito documento, e dende a mesma data figura publicada a versión debidamente correxida do mesmo mo no perfil de contratante ( www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18307).

En todo caso, en virtude desta corrección NON SE MODIFICA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS, que rematará, tal e como foi previsto, o próximo día 30 de xaneiro de 2013 , ás 14:00 horas. 

* 22/01/2013: No DOG número 15, do 22 de xaneiro de 2012, faise pública a devandita corrección de erros.

Proxecto AMPLIAC LONXA POBRA (sen clave)
08/11/2012
Proxecto AMPLIAC LONXA POBRA (sen clave)
Proxecto AMPLIACIÓN LONXA POBRA (sen clave)
08/11/2012
Proxecto AMPLIACIÓN LONXA POBRA (sen clave)
"AMPLIACIÓN DA LONXA DO PORTO DA POBRA DO CARAMIÑAL" (A CORUÑA); CLAVE: CO-12-50-12-01.
29/10/2012

Documentación técnica (PROXECTO) correspondente á licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria, das obras de "AMPLIACIÓN DA LONXA DO PORTO DA POBRA DO CARAMIÑAL" (A CORUÑA);                CLAVE: CO-12-50-12-01.

A documentación administrativa (o Prego Tipo de Cláusulas Administrativas Particulares e o Cadro de Características do Contrato), así como a información e seguemento relativos á devandita licitación atópanse á disposición dos interesados no seguinte enderezo de internet: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=181 30

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS REMATA ÁS 14:00 HORAS DO VINDEIRO DÍA  3 DE DECEMBRO DE 2012 ........................... Prazo ampliado ATA O 7 DE DECEMBRO DE 2012, ás 14:00 horas (ver nota informativa)

-______________________________________________________________________________________________

          ______________________________________________________________________________________

***(27/11/2012) NOTA INFORMATIVA: AVISO de CORRECCIÓN DOS APARTADOS 19 E 2.1 DO CADRO DE CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO (CCC),

Con data 26 de novembro de 2012 e logo de ser detectados erros materiais nos apartados 19 e 2.1 do CCC, apróbase unha modificación no contido dos devanditos apartados do CCC, relativos á porcentaxe de modificación do contrato e ao valor estimado do contrato, respectivamente.

Nesta mesma data, 26 de novembro de 2012 publícase no perfil de contratante ( http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18130 ) a Proposta e a Resolución pola que se aproban as ditas modificacións, xunto co documento do CCC modificado neses apartados.

 

*** (30/11/2012)  No DOG número 229, do venres 30 de novembro de 2012, faise pública a dita corrección do CCC, ampliándose O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS, durante outros 7 días naturais, que comezarán a contar novamente dende o día seguinte ao da referida publicación nese diario oficial. Razón pola que O   PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS REMATA DEFINITIVAMENTE ÁS 14:00 HORAS DO VINDEIRO DÍA  7 DE DECEMBRO DE 2012.

Licitación das obras de " ACONDICIONAMENTO DE PEIRAO NO PORTO DE TRAGOVE" (CAMBADOS-PONTEVEDRA); CLAVE: PO-13-07-12-01
04/10/2012

Licitación das obras de " ACONDICIONAMENTO DE PEIRAO NO PORTO DE TRAGOVE" (CAMBADOS-PONTEVEDRA); CLAVE: PO-13-07-12-01.

A documentación técnica ( PROXECTO ) correspondente á devandita licitación atópase publicada nesta páxina web, no apartado de " Pregos e documentos ".

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS REMATA ÁS 14:00 HORAS DO VINDEIRO DÍA  5 DE NOVEMBRO DE 2012.

Licitación das obras de "DIQUE ABOIANTE PARA O ABRIGO DO PORTO DO XUFRE" (ILLA DE AROUSA-PONTEVEDRA)
04/10/2012

Licitación das obras de "DIQUE ABOIANTE PARA O ABRIGO DO PORTO DO XUFRE" (ILLA DE AROUSA-PONTEVEDRA); CLAVE: PO-13-04-12-01.

A documentación técnica ( PROXECTO ) correspondente á devandita licitación atópase publicada nesta páxina web, no apartado de " Pregos e documentos ".

  O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS REMATA ÁS 14:00 HORAS DO VINDEIRO DÍA  5 DE NOVEMBRO DE 2012 .....(Ampliado prazo)

*** 1ª NOTA INFORMATIVA : No DOG nº 206, do 29 de outubro de 2012, foi PUBLICADA CORRECCIÓN DE ERROS DETECTADA NO APARTADO 3 do Cadro de Características do Contrato. O devandito Cadro, debidamente modificado atópase publicado no perfil de contratante ( www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18050 ). A pesar da devandita corrección de erros mantense como data de remate de presentación de ofertas o día 5 de novembro de 2012, ás 14:00 horas.

 

*** 2ª NOTA INFORMATIVA : AVISO de nova MODIFICACIÓN DO CCC; APARTADOS 7 E 10...........Con data 5 de novembro de 2012, apróbase unha modificación do contido dos apartados 7 e 10 do CCC, relativos á admisibilidade de variantes técnicas e á porcentaxe de presunción de temeridade, respectivamente, esixidos en relación á presente licitación. Coa mesma data, 5 de novembro de 2012, publícase no perfil de contratante a Proposta e a Resolución pola que se aproban as ditas modificacións, xunto co documento do CCC modificado neses apartados.

No DOG número 214, do venres 9 de novembro de faise pública a dita modificación do CCC, abríndose de novo O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS, durante outros 26 días naturales, que comezarán a contar novamente dende o día s eguinte ao da publicación da devandita modificación nese diario oficial. Razón pola que ese  NOVO  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS REMATA ÁS 14:00 HORAS DO VINDEIRO DÍA  5 DE DECEMBRO DE 2012 .

 

 

AMPLIACIÓN DOS ESPAZOS DE USO PÚBLICO NO PORTO DE MIÑO" (A CORUÑA)
22/12/2010

Documentación técnica (PROXECTO) correspondente á licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, expediente anticipado de gasto e tramitación ordinaria, das obras de " AMPLIACIÓN DOS ESPAZOS DE USO PÚBLICO NO PORTO DE MIÑO" (A CORUÑA); CLAVE: CO 12-11-10-01.

A documentación administrativa o Prego Tipo de Cláusulas Administrativas Particulares e o Cadro de Características do Contrato, así como a información e seguemento relativos á devandita licitación atópase á disposición dos interesados no seguinte enderezo de internet: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=15662

 O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS REMATA ÁS 14:00 HORAS DO VINDEIRO DÍA 7 DE FEBREIRO DE 2011.

 

AVISO:

Dado que neste procedemento se admite a presentación de solucións variantes técnicas e co fin de favorecer a preparación de ofertas, engádense, no enderezo do perfil de contratante ( www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=15662 ), VARIOS ARQUIVOS EXECUTABLES DO PROXECTO DAS OBRAS DE REFERENCIA, para o seu manexo e estudo por parte dos licitadores interesados a participar no presente procedemento.   

 

"INSTALACIÓNS PORTUARIAS NO SARDIÑEIRO" (A CORUÑA)
22/12/2010

Documentación técnica (PROXECTO) correspondente á licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, expediente anticipado de gasto e tramitación ordinaria, das obras de " INSTALACIÓNS PORTUARIAS NO SARDIÑEIRO" (A CORUÑA); CLAVE: CO 12-30-10-01; COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER).

A documentación administrativa o Prego Tipo de Cláusulas Administrativas Particulares e o Cadro de Características do Contrato, así como a información e seguemento relativos á devandita licitación atópase á disposición dos interesados no seguinte enderezo de internet: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=15661

 O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS REMATA ÁS 14:00 HORAS DO VINDEIRO DÍA 7 DE FEBREIRO DE 2011.

AMPLIACIÓN DE ESPAZOS PORTUARIOS EN CAIÓN" (A CORUÑA)
22/12/2010

Documentación técnica (PROXECTO) correspondente á licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, expediente anticipado de gasto e tramitación ordinaria, das obras de" AMPLIACIÓN DE ESPAZOS PORTUARIOS EN CAIÓN" (A CORUÑA); CLAVE: CO 12-19-10-01; COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER).

A documentación administrativa o Prego Tipo de Cláusulas Administrativas Particulares e o Cadro de Características do Contrato, así como a información e seguemento relativos á devandita licitación atópase á disposición dos interesados no seguinte enderezo de internet: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=15660.

 O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS REMATA ÁS 14:00 HORAS DO VINDEIRO DÍA 7 DE FEBREIRO DE 2011.

SERVIZO DE ASISTENCIA TÉCNICA Á DIRECCIÓN DAS OBRAS DA NOVA LONXA NO PORTO DE RIBEIRA
16/12/2010

DOCUMENTACIÓN correspondente á licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio e expediente anticipado de gasto, do contrato de "SERVIZO DE ASISTENCIA TÉCNICA Á DIRECCIÓN DAS OBRAS DA NOVA LONXA NO PORTO DE RIBEIRA",suxeito a regulación harmonizada.

Os interesados no procedemento poderán obter toda a información e seguemento do do mesmo a través do seguinte enderezo de internet: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14549

O anuncio de licitación do devandito contrato de servizos foi enviado ao Diario Oficial da Unión Europea o día 15 de decembro de 2010

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS REMATARÁ ÁS 14:00 HORAS DO VINDEIRO  9 DE FEBREIRO DE 2011 .

REMODELACIÓN DAS INSTALACIÓNS NAUTICO-DEPORTIVAS NO PORTO DO VICEDO (LUGO)
02/12/2010

Documentación técnica (PROXECTO) correspondente á licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, expediente anticipado de gasto e tramitación ordinaria, das obras de“ REMODELACIÓN DAS INSTALACIÓNS NAUTICO-DEPORTIVAS NO PORTO DO VICEDO (LUGO); CLAVE: LU-14-08-10-01; COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER).

A documentación administrativa o Prego Tipo de Cláusulas Administrativas Particulares e o Cadro de Características do Contrato, así como a información e seguemento relativos á devandita licitación atópase á disposición dos interesados no seguinte enderezo de internet: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=15492.

 O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS REMATA ÁS 14:00 HORAS DO VINDEIRO DÍA 22 DE DECEMBRO DE 2010.

DEMOLICIÓN DE NAVE CONSERVERA E CONSTRUCCIÓN DUN NOVO VIAL NO PORTO DE VILANOVA DE AROUSA
02/12/2010

Documentación técnica (PROXECTO) correspondente á licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, expediente anticipado de gasto e tramitación ordinaria, das obras de " DEMOLICIÓN DE NAVE CONSERVERA E CONSTRUCCIÓN DUN NOVO VIAL NO PORTO DE VILANOVA DE AROUSA" (PONTEVEDRA ); CLAVE: PO-13-05-10-02. 

A documentación administrativa  (o Prego Tipo de Cláusulas Administrativas Particulares e o Cadro de Características do Contrato,) así como a información e seguemento relativos á devandita licitación atópase á disposición dos interesados no seguinte enderezo de internet: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=15490 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS REMATA ÁS 14:00 HORAS DO VINDEIRO DÍA  22 DE DECEMBRO DE 2010.